<$BlogRSDUrl$>

martes, enero 03, 2006

Coma un tobo o carón da cama 

Tentar escribir algo agora e como remexer na bolsa da lixo, mais que nos caixón dos recordos. Nunca fun moito de escribir. A única vez que mantiven un mínimo de continuidade foi nunha época que escribía cartas. Pero daquela estaba namorado, e agora e non. Quizais sexa xustamente a causa contraria a que me leva a voltar a darlle un segundo de gloria a iste aborto.

Son víctima da melancolía. E iso é algo novo pra min. Por sorte ou por actitude a felicidade rondou a miña vida, e inda que tiven momentos de tristeza, estes foron periódicos e con causas concretas. Pero agora e a melancolía. Fago unha pausa e intento buscar o significado da palabra que o meu subconsciente escolleu como escusa pra todo ultimamente.

Bueno, resulta que o que teño non é melancolía, pois o contrario do que di a rae, a miña" Tristeza vaga, profunda, sosegada y permanente, nacida de causas físicas o morales" non fai que "no encuentre quien la padece gusto ni diversión en nada". Tampouco e iso. Quizais a miña sexa unha versión, que como as conexións baratas a internet, teña horario de 8 a 8. Téñolle medo as noites, e medo xustificado.

A soidade e algo que dende xa fai tempo busco. E atopo nela unha fonte de pracer que en numerables ocasións foi moi intensa. Pero agora agóbiame como nada antes. A ver como explico isto. A vida vaime ben, vaime moi ben. Teño saúde (estou un pouco fondón, pero nada grave), teño mais traballo que nunca e inda por riba moi gratificante, teño un fogar que comparto con amigos moi especiais e os amigo que non están preto consigo velos bastante a miúdo. A familia está ben e vivo na cidade que añorei dende antes de vivir nela. Digamos que son un home feliz nun mundo feliz. Pero non, por algo non. Pola soidade non. Polo soidade antes tan querida e que agora non soporto. E non nos enganemos, ista e unha soidade con xénero marcado. E amor o que me falta, que amigos por sorte sempre teño e non me fallan nunca. Pero xa son demasiado anos nos que non podo expresarme naturalmente, nos que nin sequera podo sentir naturalmente. Todas as miñas relacións tiveron sempre fecha de caducidade, sempre había un mes ou un día no que sabiamos, ou polo menos eu, que iso ia acabar, e ninguén, o polo menos eu, en isa situación é libre de pensar. E agora eu xa non lle podo dicir mais a miña cabeza que controle no que pensa, por que como un neno maltratado polos seus pais, aprendeu todas as maneira pra escapar o control dos que, en vez de controlalo, terían que telo educado.

E agora as noites fánseme horribles, e xa non son capaz de estares en casa so, lendo a Piter Pan e escoitando a grandes éxitos dos 80, e saio a rúa a ver se alguén se ven comigo a tomar un viniño, e teño ganas de emborracharme pra ver se así saio de farra tola e consigo convencer a algunha rapaza pra vires a miña casa. E busco o sexo como saída, sexo que no son capaz de disfrutar e que non fai mais que deixarme sentado na cama, solo, e preguntándome por que coño non me quedei en casa a noite anterior. E reviso ansiosamente o meu fotolog e o meu mail mais de 20 veces o día por se alguén me escribiu algo, por se entre isas liña atopo un atisbo dise amor que tanto desexo e que por tanto buscar non fago mais que afogar.

E escoito os meus amigos, e lles dou a razón, e entendo o que me din. E son completamente consciente delo. Pero é a noite, e a maldita noite a que non me deixa estar na casa, a que me larga a rúa a ver se debaixo das pedras saé esa rapaza que me crucei a maña e me sorriu. E namórome dunha foto, dunha voz ou dunha idea. E busco no arquivo e penso se por casualidade algunha das mulleres as que lle din un pedaciño do meu querer seria quen de compartilo comigo, por que de tanto dar pedaciños quedei sen nada. "La arena es un puñadito, pero hai montañas de arena" dicía Jorge Cafrune. E nada pasa pola maña, sorrío, merco, traballo, camiño, falo, como, cociño e todo segue o seu camiño. Pero é a noite a que me volve tolo, e me meto no meu mundo e quero estar nel, por que asi polo menos sinto algo, inda que sexa esta melancolía, e me recorda que estou vivo, e que non son de pedra como unha vez me dixeron. E me fago dano e me alegro delo, por que agora me toca sufrir algo de todo o sufrimento que provoquei, e a miña conciencia xudeucristián séntese gratificada por ise sufrimento. Pero a min pareceme unha merda. E miro o que acabo de facer e dáme vergoña, e o volvo a facer, e me volvo a arrastras inda mais abaixo, e me dou conta e sigo facendo.

Eu que sei. Maña pola maña pasara, e o Doctor Jekil levantarase como se Mr Hyde non existise, pero sabendo que ista vai voltar. E o home lobo pasexa tranquilo consciente de que a lúa sairá ista noite. Todo pasa pola noite.

E unha noite mais deixo todo e vou camiña, camiño a cama, pra que isto pase rápido. E coa estúpida e inevitable esperanza de que nese camiño, atope un trociño dise amor que de tanto gardalo xa non me lembro onde o puxen.


lunes, junio 07, 2004

Que ben se está cando se está ben... 

Acabei, si señores dunha vez por todas acabei o dichoso proxecto. A verdade e qeu o final me gusta. E mira que estiben farto del, e quixen deixalo moitas veces e me deu dores de cabeza. Pero agora esta feito. Pero foy un parto extraño. Por que xa non esta comigo. Hoxe pola maña acabei de encuadernar o libro e de pegarlles as tapas. Cando lle peguei a foto da portada e o vin listo, áí, enrriva da mesa, con isa aspecto de libro de verdade, seitni que xa acabara a carreira. Pero isto apena foi un momentin de nada. instantaneamente apresureime a acabar de imprimir e maquetar a memoira e cando todo estivo listo marchei pra casa, saqueille un par de fotos o libro, mentino todo nun paquete e mandeino urxente pra escola. E agora xa esta. Todo iste traballo, oito meses (aver, que non traballei os oito, pero queras qeu non estar estibo todo o tempo na caveza) a voltas co proxecto e ninsequera puiden ver todo o libro tranquilamente de principo a final. Pero bueno, estar esta feito, e agora marcho a celebralo con Nina, que acaba de chegar do seu primeiro dia de traballo. E despois disto, que vou facer...?

lunes, abril 12, 2004

NO COMENT 

Sen comentarios, asi e vai quedar o meu weglog (escrivese asi?). De todalas maneiras non creo que sexa tan util, o fin e o cabo so duas persoas teñen a posibilidade de lelo, eu e ti. Nista sociedade da comunicación existen tantas maneiras de contar algo que as veces se ralla no estúpido, como niste caso, que en vez de escrivir un diario normal, o fas de tal maneira que todo mundo o poida ler, pero dispois non lle dis a ninguen como o pode facer. A verdade e que a maioria das veces pasa asi. A información esta ahi, na rua, en internet, nas pulbicaciós, nos mails. Pero a xente segue a ver o telediario da primeira. Istas cousas pasan...

Seguimos a voltas 

Que che vou contar que non te contase antes...

domingo, abril 04, 2004

Excusa 

A ver, pra que ninguen se faga ilusions. Somentes escrivo pra ver se os dichosos comentarios funcionan (estome a facer un crac e Html, mentira). Despois de todo que esperavades. O meu non é escrivir.

miércoles, marzo 24, 2004

Andamos nas mesmas 

Andamos nas mesmas por que segueseme sen ocurrir algó digno de contar, digamos, algo interesante. Home, dicir tamen que se todos os dias tivese algo interesante pra contar a miöa vida seria incluso complicada. Asi, pra contar algo, onte estiven nun cumpreanos. O agraciado chamase Daniel y e aleman, estudia desenho industrial y esta eiqui de erasmus, ata eiqui nada novo. O sorprendente ven cando lle preguntas os anos que cumpre: 30!! Joder eu tamen quero irme de erasmus con 30 tacos!!

martes, marzo 23, 2004

Caray, acabo de proporme escrivir ista especie de diario e xa non sey que por. Bueno, supoño que a miña imaxinacion ira increchendo de pouco a pouco. Mais que crecer tera que aparecer, ulitimamente non teño moita que se diga. Pero xa qeu ista e a miña primeira declaracion publica deberia ser un pouco mais optimista nos resultados. A verdade despois de co pepe perdese as eleccions todo e posible. Pois iso, que eiqui estou, con faltas de orticultura e signos de punteria, con ganas de facer cousas sempre e cando no me custe, e coa conciencia tranquila por que alomenos hoxe, fixen algo.

 

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com